Puro Teatro
Trasladamos a esta páxina o proxecto sobre o estudo da conduta dramática, seguindo as liñas abertas por investigadores como Evreinov, Goffman, Moreno e tantos outros. Trátase dun traballo de base psicolóxica, sociolóxica e antropolóxica, ben que outras disciplinas tamén poidan facer achegas substantivas. Mais non se trata de analizar a conduta en situación de representación como fará Barba en diferentes traballos, senón do seu estudo en situación de comunicación, esquecendo os roles de actor / espectador, confusión sobre a que Boal desenvolveu o seu teatro invisible.
Seguiremos, aos poucos, aos pouquechinos, que isto é unha boa lea...
MV García