
En breve, os días 21, 22 e 23 de novembro de 2013, estaremos participando no Congreso "
O Teatro do Oprimido: teorias, técnicas e metodologias para a intervenção social, cultural e educativa no século XXI". Presentaremos un traballo no que analizaremos a pegada de
Antonio Gramsci na obra do dramaturgo, director de escena e activista cultural brasileño, prestando especial importancia aos seus primeiros traballos, os que o levarán a formular a "pedagoxía" do "oprimido".
En 2003 publicamos un traballo na revista
ADAXE, que se pode consultar na rede.
Máis información nesta mesma páxina nos meses por vir, e na da entidade organizadora:
Vai ser un evento de verdadeira relevancia, con moitos especialistas no eido da teoría, a praxe e da teoría crítica. Unha oportunidade para debater en relación aos usos sociais, culturais, artísticos, políticos, estéticos... do teatro neste momento.