un espazo para o estudo da conduta dramática / da pedagoxía teatral

teatro e educación, expresión dramática, expresión teatral, conduta dramática, xogo dramático, xogo de roles, pedagoxía teatral, pedagoxía do teatro..., puro teatro


sábado, 22 de enero de 2011

Acting (re)considered de Phillip Zarilli e outros

















A editorial Galaxia vén de publicar un interesante volume sobre a interpretación, titulado A Interpretación (re)considerada. Deixamos aquí unha nota que escribimos como presentación do mesmo.

A INTERPRETACIÓN E A FÍSICA DIFUSA

Limiar para a edición galega

Manuel F. Vieites

Hai anos, nunha editorial publicada na Revista ADE/Teatro, no número 50-51, Mariano Hormigón mostraba o seu asombro ante o escaso valor que determinadas persoas que habitaban o mundo da escena concedían ao coñecemento, e máis concretamente ao coñecemento do seu propio campo: o Teatro. Entendía o profesor de matemáticas na Universidade de Zaragoza que saber de teatro, e sobre todo saber como facer teatro, tiña que ser por forza moi difícil, tanto como saber de física difusa ou cousa semellante.

En efecto, para facer teatro hai que posuír un amplo bagaxe de coñecementos de tipo moi diverso, desde aqueles que se vinculan con metodoloxías, procedementos ou tecnoloxías aos que teñen unha orientación máis teorética. E habitualmente ese saber acaba por mostrarse en escena, e por iso hai cousas sumamente difíciles que semellan aparentemente fáciles, ao punto de que nunca falta o botaporela afoutado sempre disposto a proclamar iso de “Vaia ho! Iso tamén o fago eu!”.

Hai pouco máis dun ano puidemos ver en Galicia un espectáculo do Odin Teatret, titulado Las grandes ciudades bajo la luna, unha sorte de mestura de traballos anteriores sabiamente fiados con algúns elementos musicais. Pois ben, naquela proposta, latexaba un saber e un saber facer derivado de moitas horas de traballo, de moitas aprendizaxes, de moitos supostos e de moitas hipóteses. Alí podiamos ver o que cabería denominar como principios básicos da arte do actor, que mesmo poden ter unha aplicación universal, en tanto a actriz ou o actor sexan quen de coñecer e moldear as súas ferramentas expresivas, creativas, receptoras, comunicativas. Podemos ter moito, pouco, ou mesmo ningún interese polos traballos do Odin, pero o que non podemos negar é a excelencia interpretativa dos seus actores e actrices ou a fermosa e sempre atinada composición escénica que Eugenio Barba outorga aos seus traballos.




O que o Odin nos mostra é que tras do traballo interpretativo sempre hai un saber e un saber facer, pero tamén unha determinada maneira de ser e de entender ese saber e ese facer. Unha sorte de ética teatral orientada a desenvolver plenamente a actividade á que decidiron dedicar as súas vidas, en corpo e alma. O que o Odin nos ensina é que o teatro é unha arte que esixe coñecemento, compromiso, dedicación e traballo, cando menos se o entendemos nunha perspectiva profesional, porque na perspectiva afeccionada xa vemos o que son quen de facer animadores ou educadores coa disposición do seu tempo libre. Os actores e as actrices do Odin mostran un saber ancestral, que percorre todo o seu corpo, que latexa na súa mirada, que invade a escena no momento en que a súa presenza se activa. Como especialistas en interpretación mostran un saber similar na súa extensión e fondura ao que poida xustificar un especialista en física difusa. 

A interpretación é unha arte, pero tamén se pode entender como unha ciencia, cando menos como unha disciplina obxecto de docencia e de aprendizaxe, obxecto de indagación e de investigación. Desde os tempos en que Baratha Muni realizou a primeira sistematización do saber teatral no seu célebre Natyasastra, foron moitos os autores e autoras que dedicaron tempo e esforzos a transmitir un saber que tamén explicaba o facer e en ocasións o ser. Todos os grandes creadores destacan xustamente por ter realizado interesantes achegas no eido da reflexión sobre a praxe ou no da teorización, desde Konstantin Stanislavski a Anne Bogart. Hoxe consideramos como exemplo a seguir ou como fonte de saber a obra de homes e mulleres de acción que nun momento determinado se dedican á reflexión e á teorización. Esas achegas mostran como a teoría e a praxe son dúas realidades cunha relación necesariamente simbiótica.



O que se ofrece neste volume é xustamente unha síntese de moitos traballos en curso que desde a praxe e desde a teoría intentan construír coñecemento para o facer, para o saber. Velaquí tempos tentativas, tan rigorosas como dispares, por construír un discurso científico da interpretación, seguindo a senda das xeniais propostas que Diderot nos deixara en Paradoxe sur le Comédien. Este libro contén unha xeira de achegas que mostran a riqueza do pensamento, da reflexión e da investigación sobre a interpretación; un conxunto de traballos elaborados por creadores e/ou profesores e profesoras que, pola súa vez, tamén proveñen do mundo da creación.

En primeiro lugar os creadores, persoas que nos ofrecen unha reflexión sobre o seu traballo, sobre os principios teóricos ou estéticos sobre os que se asenta, sobre as metodoloxías utilizadas, verbo das finalidades perseguidas, pero tamén da súa experiencia como formadores dos integrantes das súas propias compañías. En segundo lugar, un conxunto moi diverso de profesores e profesoras que, procedentes de moi diferentes centros de formación, poden mostrar unha longa traxectoria no eido da interpretación e/ou da dirección, e que, en consecuencia, posúen un coñecemento vivido e sentido de todo aquilo que deben aprenderlle aos seus estudantes, mozos e mozas. Falamos, xa que logo, de persoas que, tendo na docencia a súa actividade principal, non deixar de ter na interpretación unha actividade complementaria da que a primeira se nutre no plano teórico e no práctico.

Para todas estas persoas, vinculadas de maneira permanente á investigación, a docencia e a creación, o saber ocupa un lugar moi importante e o facer aliméntese dun saber que tamén medra de maneira exponencial con ese facer que alimenta e do que se alimenta.

Estamos ante un libro moi necesario por canto nos mostra e nos ofrece liñas de traballo e indagación e nos sinala camiños ben diversos desde os que encadrar e enfocar a interpretación, a partir dos que iniciar liñas de traballo desde este país, Galicia. Un libro magnífico que enriquece a nosa percepción e a nosa comprensión da arte do actor e da actriz e que informa da súa complexidade, establecendo igualmente unha atinada lectura das diferentes tradicións, escolas ou paradigmas, no plano cultural e xeográfico, que todo actor ou actriz debe coñecer, sequera nas súas liñas básicas. Nesa perspectiva, entendemos que a súa publicación en lingua galega supón todo un fito pola súa transcendencia teórica, metodolóxica e práctica.


Otras cosas dichas del mismo libro, en su versión inglesa:

La segunda lectura que proponemos constituye una sólida aportación a la Teoría y la práctica de la Interpretación, un volumen que cuenta con la colaboración de un destacado número de especialistas, entre los que encontramos directores de escena, actores o profesores universitarios vinculados a los campos de la Teatrología y de los Estudios Teatrales. Consta de tres partes netamente diferenciadas. La primera, en la que se abordan aspectos teóricos de la Interpretación, cuenta con un total de cinco trabajos, entre los que cabría destacar la notable introducción de Phillip Zarrilli, en la que nos propone todo un curso de acción para aproximarnos a las más recientes aportaciones en el campo. Siguen, entre otros, dos trabajos particularmente interesantes: el primero de Michael Kirby, "On Acting and Not-Acting", y el segundo de Bert O. States, "The Actor's Presence: Three Phenomenal Modes". 


La segunda parte contiene diversas aproximaciones a la formación práctica del actor, y aquí encontramos autores bien conocidos como Eugenio Barba o Tadashi Suzuki, si bien conviene señalar el considerable interés del conjunto, en el que cabría destacar un trabajo de Mel Gordon sobre la biomecánica de Meyerhold que incluye abundante documentación gráfica, el artículo de Deirdre Sklar sobre Etienne Decroux o la visión que Paul Allain nos ofrece sobre la compañía que en el pueblo de Gardzienice, en la Galicia polaca, dirige W. Staniewski, quien propone una nueva formulación de la Antropología Teatral, en la que se deja sentir la influencia del investigador ruso Mijail Bajtin. Finalmente, la tercera parte nos ofrece un estudio de casos, donde, entre otras, se analizan propuestas de Brecht, Augusto Boal o Darío Fo, se considera el rol del actor en el teatro de Robert Wilson, se indagan las particularidades del teatro feminista o se ofrecen testimonios de actrices singulares como Rachel Rosenthal y actores razonablemente populares como Willem Dafoe, en este caso en relación con el espectáculo LSD realizado por The Wooster Group... 


No hay comentarios: