un espazo para o estudo da conduta dramática / da pedagoxía teatral

teatro e educación, expresión dramática, expresión teatral, conduta dramática, xogo dramático, xogo de roles, pedagoxía teatral, pedagoxía do teatro..., puro teatro


domingo, 13 de septiembre de 2009

El desempeño de roles

homes de arxila
Papua




Cabe también esclarecer la noción de rol social mediante el discurso teatral, que naturalmente se ofrece a nuestra imaginación. La analogía con la escena puede ser aquí útil. Max Weber, y tras él Talcott Parsons, habla a menudo del actor para designar al sujeto social.

Guy Rocher, Sociología

Como iremos vendo a Dramaloxía é unha disciplina que ten diante súa un importante ámbito de estudo que afecta á conduta do ser humano. Dicía José Bleger que a conduta fai referencia a unha actividade que sempre ten unha dobre vertente: a mental e a corporal. O rol maniféstase en ambas áreas, naquilo que Bleger denomina conduta externa e conduta interna, como acontece cos homes de arxila de Papua, que viven unha transformación interna froito do rol que asumen e que se manifesta na súa aparencia.



jueves, 10 de septiembre de 2009












Herodoto, na súa Historia, xa dá conta de como en Exipto existían celebracións rituais e festivas que se poderían considerar como celebracións dramáticas próximas ao espectáculo teatral. Entre esas cerimonias estaba o Ritual da Apertura da Boca, estudado por especialistas varios, e que nos dá conta de como os elementos dramáticos van permeando determinados ritos e celebracións. Un interesante campo de indagación para considerar como o dramático impregna cerimonias e celebracións, quizais polo seu potencial para mostrar a alteridade e crear espazos e tempos transicionais nos que todo é posible, todo pode ser lembrado e revivido.

A ilustración mostra un momento no dito ritual.

Transitional phenomena


Fenómenos transicionales como fundamentos de la conducta dramática y teatral
Yo afirmo que así como hace falta esa doble exposición, también es necesaria una triple: la tercera parte de la vida de un ser humano, una parte de la cual no podemos hacer caso omiso, es una zona intermedia de experiencia a la cual contribuyen la realidad interior y la exterior. Se trata de una zona que no es objeto de desafío alguno, porque no se le presentan exigencias, salvo la de que exista como lugar de descanso para un individuo dedicado a la perpetua tarea humana de mantener separadas y a la vez interrelacionadas la realidad interna y la exterior.

Donald Woods Winnicott, Realidad y juego.

Habla el profesor Winnicott de objetos transicionales, pero también cabría pensar en espacios y tiempos transicionales. Y por ahí llegamos al teatro, sin duda. El espectáculo es como un objeto que ocupa un tiempo y un espacio que es pero no es y que se sostiene por el pacto convencional entre el actor y el espectador, que deciden asumir roles que son y no son a un tiempo.

martes, 8 de septiembre de 2009

Do xogo protagonizado


No estudo da conduta dramática adquire especial relevo o concepto de xogo protagonizado, que Daniil B. Elkonin analiza con detemento no se estudo Psicología del juego. A lectura deste libro, froito de varias investigacións, e asentado igualmente nas achegas de Vigotski, constitúe unha referencia obrigaba no estudo do xogo e moi especialmente do xogo de roles.

sábado, 5 de septiembre de 2009

En el inicio de la Historia (del teatro)


Pinturas rupestres y teatro

Los hombres se disfrazan entonces de animales, se revisten de una piel, se cubren la cabeza con una máscara esculpida, imitando, caracterizados de esta manera, los movimientos del animal que representan: su paso, su rugido, su manera de conducirse. Así comenzó en todas partes el teatro.

G. Baty & R. Chavence, El arte teatral, FCE, [1932]


Jean-Jacques Annaud, en su película, En busca del fuego, lo explica de otra forma. Las escenas finales son fascinantes porque con una sencillez extrema explica una manera posible para el desarrollo de la conducta dramática y el teatro. Sólo por esa escena final ya vale la pena ver la película, y hay que verla para comprender esa última escena.

Boal y la comunicación dramática

Para una teoría de la dramalogía

El teatro invisible de Augusto Boal es un buen ejemplo para analizar la conducta dramática y la teatral. En un proyecto de teatro invisible los actores están haciendo teatro, y saben que todo es una ficción mientras que sus espectadores no saben que son espectadores ni saben que lo que están viendo es una ficción. El éxito del teatro invisible como herramienta de intervención radica precisamente en esa ambigüedad. El cuadro que reproducimos, elaborado por Manuel F. Vieites nos da cuenta de la triple enunciación de la comunicación teatral, que se asienta en la conducta dramática.

MV García

viernes, 4 de septiembre de 2009

proxecto / proyecto / dráō / project

A vueltas con el rol y la conducta

Avanzamos lentamente en la definición del proyecto, siguiendo directrices y propuestas de autores importantes, como Alfred Schutz. Nuestro primer objetivo tendría que ver con la consideración de un objeto, la conducta dramática, y con la configuración de una disciplina, la dramalogía.

Entonces, en nuestra opinión, la Dramalogía vendría a ser una disciplina que se ocuparía del estudio de la conducta dramática del individuo, entendida como aquella en la que la persona hace uso del juego de roles para hacer frente al juego de la vida, lo que supone una capacidad de adaptación al entorno, pero también de interacción con el mismo, fundamentalmente un entorno humano. En esa dirección la Dramalogía se ocupa del estudio de la expresión, la comunicación y la recepción, en la perspectiva de la acción, la que emprende el individuo para interactuar con el medio. Y en esa interacción tiene mucho que ver la capacidad del individuo para iniciar la acción a partir del "como sí", estableciendo unas circunstancias dadas propias.

La Dramalogía tendría una especial vinculación con la Pedagogía teatral, en especial con la Didáctica de la Expresión Dramática, y con la Teoría General del Teatro.

Y seguiremos...

MV García

Sobre el rol, según Jacob L. Moreno


El rol es la forma de funcionamiento que asume un individuo en el momento específico en que reacciona ante una situación específica en la que están involucrados otras personas u otros objetos.
Jacob L. Moreno, Psicodrama

Un libro de Gavin Bolton en gallego


Gavin Bolton, A Expresión Dramática na Educación, Galaxia, 2009

Editorial Galaxia acaba de publicar la versión gallega de un clásico en la pedagogía teatral de filiación anglófona. Se trata de Drama as Education, del profesor Gavin Bolton. Una excelente noticia. A continuación reproducimos la presentación que Manuel F. Vieites, responsable de la edición, antepuso al conocido texto.



ANOTHER BRICK IN THE WALL
[Limiar necesario para a edición galega dun clásico da pedagoxía teatral]

A edición galega dun libro do profesor Gavin Bolton precisa dunhas palabras de benvida, como as esixiría un volume asinado polos profesores Brian Way, Jean-Pierre Ryngaert, Peter Slade, Clive Barker ou Richard Courtney, ou polas profesoras Giselle Barret e Winifred Ward. Estamos ante figuras moi destacadas no campo da pedagoxía teatral e que teñen tras súa unha traxectoria pouco menos que fundamental na formulación, na promoción e no desenvolvemento da dita disciplina e do seu marco teórico, sintagma que veremos aparecer unha e outra vez neste traballo que presentamos. Hai outras moitas figuras, igualmente destacadas, que tamén teñen realizado contribucións e achegas igualmente notables ao campo e á súa causa, pero falamos agora daquelas que, en boa medida, asumiron a tarefa, sempre difícil, de abrir camiños en xeografías complexas, o que permitiu que moitos dos seus discípulos e discípulas desenvolvesen traxectorias profesionais, na creación, a docencia e a investigación, persoas hoxe recoñecidas en todo o mundo.
O universo da educación teatral é complexo e presenta unha enorme variedade de manifestacións, na sincronía, na diacronía, e na xeografía, na física e na cultural. Resultaría pouco menos que imposible articular unha historia coherente porque en cada tempo e en cada espazo se teñen dado experiencias diferentes determinadas polo contexto e polos suxeitos do acto educativo; un acto que imaxinamos ten as súas orixes no inicio dos tempos, cando agroma a cultura como elemento diferencial dun homo sapiens que se adapta ao seu contorno e o modifica, e que converte o medio natural en medio cultural. A Historia da Educación Teatral está por escribir, como tamén o está a Teoría da Educación Teatral, malia que ao longo do século vinte, sobre todo na súa segunda metade, se teñan realizado contribucións moi interesantes e atinadas nesa dirección, unha parte asinadas polas autoras e autores antes sinalados.
Os universos da educación teatral, e os das prácticas teatrais con dimensión educativa, presentan unha enorme variedade, e moitas veces algunhas desas prácticas, experiencias e actividades ofrecen unha marcada interacción. Non sempre resulta doado cartografar o campo e determinar o que é teatro (Theatre Arts, en inglés) e o que se deba cualificar como expresión dramática (Drama, en inglés), nin aquilo que debemos considerar teatro infantil ou teatro escolar. Con todo, nos últimos anos veuse producindo un importante traballo conceptual e terminolóxico que cómpre agradecer e que nos fai o camiño máis doado. Entre as achegas realizadas cabe destacar as do profesor Brian Way, mesmo que poidamos estar en desacordo con algunhas das súas formulacións; aínda así, foron moi importantes.
Inglaterra é un deses países nos que moitas veces nos gustaría podérmonos mirar, polo menos no que fai referencia á educación teatral. Con independencia da valoración que os nativos do país poidan facer verbo das súas peripecias, pasadas e presentes, ou das perspectivas de futuro, a verdade é que para un observador foráneo, que ademais procede dun país no que aínda quedan tantas cousas por facer, a situación sen ser idílica é inmensamente rica. Falamos de educación teatral, claro está. Abonda con mirar a implantación que nas facultades universitarias teñen os estudos teatrais, os estudos profesionais para a creación teatral, ou os estudos profesionais para exercer a docencia; pero tamén debemos considerar o que acontece na formación profesional ou na educación obrigatoria para tomarmos conciencia de que, a pesar dos recortes sucesivos dos últimos anos, iniciados por Margaret Thatcher, a educación teatral no seu conxunto, goza en Inglaterra dunha situación a todas luces envexable para todas e todos nós. Outro tanto ocorre en países como Canadá, Estados Unidos de América ou Australia, en realidade naqueles máis desenvolvidos de entre os de expresión inglesa.
Este libro de Gavin Bolton, como Child Drama, de Peter Slade, Development though Drama de Brian Way, ou Creative Dramatics de Winifred Ward, por citar tres da mesma tradición, é un clásico no pensamento educativo vinculado coa educación teatral. Ofrece unha panorámica moi interesante para tomarmos conciencia da riqueza e diversidade dun movemento cun amplo cadro de primeiras figuras que, ao longo de máis de seis décadas, impulsou e promoveu a educación teatral en frontes moi diversas, desde o traballo na escola ata o que se realiza nas asociacións comunitarias. Tamén nos informa de compromisos e desafíos asumidos por institucións, organismos e entidades privadas que aquí son impensables e seguen a ser unha utopía. Abonda con comprobar que nalgún momento da historia que narra Bolton, as autoridades educativas, desde o Ministerio ata o departamento de educación do Concello traballan na mesma dirección: a de promover prácticas educativas diferentes ás tradicionais, asentadas no fomento das artes. Resulta curioso coñecer as polémicas que se viviron nese país durante tantos anos, e que serían impensables para nós, habitantes da prehistoria no universo da educación teatral.
En efecto, a lectura de libros como o de Roma Burgess e Pamela Gaudry, dúas profesoras formadas en Melboune, Australia, ou de artigos como o de Ian Bowater, “Drama. A Study of Underachievement”, incluído no volume coordinado por Nellie McCaslin, Children and Drama, dan conta, de maneira tanxencial ou directa, dunha permanente polémica verbo das orientacións que puidera ter a expresión dramática e das constantes loitas coa expresión teatral, ideas para loitas e liortas que David Hornbrook vai desenvolver polo miúdo nun traballo ben interesante, Education and Dramatic Art. En parte desas polémicas participou Gavin Bolton, polo que este volume resulta moi adecuado para entender unha parte do ruxerruxe que se escoita ou se vive nos medios educativos en Inglaterra en relación coa educación teatral. Tamén pode ter interese, para coñecer a visión que o autor ten da expresión dramática, o traballo publicado por Gavin Bolton nun volume colectivo coordinado por D. J. Hargreaves.
O volume ofrece unha mirada e unha reflexión crítica e mostra moitas voltas e reviravoltas que poden ser aproveitadas por calquera lector para iniciar un traballo persoal, na docencia e na investigación, ou na creación e na animación. Contén moitas claves e propostas para pensar e repensar o noso traballo diario na aula, no obradoiro, no colectivo de teatro ou de expresión, para saber que camiño tomar en cada momento e para que cada actividade se vincule con tarefas e obxectivos, para que cada momento teña significación e a aprendizaxe agrome mesturada co pracer e co benestar. Camiños múltiples que derivan da riqueza de manifestacións que se nos propoñen, tamén para tentar establecer algúns principios básicos vinculados co que, para que, por que, como, cando e onde da educación teatral. E dentro dela, da educación dramática de cada día, analizar as prácticas que cabería diferenciar non tanto por unha febre taxonómica senón para mellor convivir e traballar xuntos. En todo o libro latexa a necesaria diferenza entre expresión dramática e expresión teatral, que non acaba de callar, quizais porque se escribiu a principios dos oitenta, cando as necesidades e as urxencias eran outras. Velaí o beneficio que podemos tirar nós do traballo anterior.
Bolton non aforra críticas contra as posicións propias, que terían axudado a librar determinadas batallas, que hoxe se consideran innecesarias. Esa lectura crítica do propio e do alleo é o que lle permite intentar unha posición de síntese na súa reivindicación última, a de recuperar para a expresión dramática, pero tamén para a expresión teatral, un lugar posible, pero igualmente necesario, nun currículo renovado, que el quería de finais do século XX e que nós imaxinamos para este século novo, malia que a LOE nos enchese de desolación e tristeza.
Cómpre prestar atención a á maneira en que Gavin Bolton vai presentando e analizando teorías alleas e propias, moitas veces vinculándoas cun caso práctico ou cunha sesión de traballo, e como a cada paso, en cada páxina, van xurdindo cuestións de relevo que afectan ás metodoloxías de traballo, ás maneiras de deseñar ese traballo ou ás súas finalidades e as destrezas que se agardan conseguir coa súa realización. Ao longo dos oito capítulos tomamos conciencia da diversidade de propostas na hora de definir a expresión dramática, pero tamén das relacións, ora tensas ora fluídas, con outras disciplinas e disciplinas artísticas. Bolton vai debullando en efecto cuestións e problemas, algúns dos que por veces quedan nunha simple formulación, e quizais o faga así para ir mostrando liñas de traballo aos lectores e lectoras que sintan a mesma preocupación polo desenvolvemento da disciplina e da educación. Cabe destacar como nos oito capítulos do volume van aparecendo, desenvolvidos ou insinuados, as grandes cuestións que se vinculan coas dimensións teórica, metodolóxica e práctica da expresión dramática como disciplina educativa, desde as que nos obrigan a estudar polo miúdo o xogo como forma de conduta ata as que esixen unha sistematización das practicas educativas cunha cerna teatral, en particular da expresión teatral.
Este fantástico tratado de Gavin Bolton, nacido dunha longa experiencia e dunha non menos intensa e delongada reflexión, é finalmente unha invitación a promover a educación teatral e a traballar sen descanso na promoción da praxe e na construción dun marco teórico que a xustifique pero tamén que a lexitime, aínda que máis importante será que a oriente para que logre obxectivos e finalidades, no plano da educación integral e no desenvolvemento de capacidades e destrezas varias, unhas vinculadas coas competencias básicas e outras relacionadas con competencias específicas da educación artística e dramática. Non imos atopar receitas nin propostas de traballo, senón moitas preguntas e moitas reflexións abertas, algunhas sumamente inquietantes. Na revisión que fai de sesións de traballo doutros profesores e profesoras podemos atopar interesantes consideracións de carácter metodolóxico que, mesmo formuladas nunha linguaxe que a veces semella primaria, saberemos reformular coas palabras e os conceptos de hoxe en día. Por iso se trata dun libro aberto a novas preguntas, as que nos iremos formulando a medida que vaiamos transitando polas súas páxinas; tamén aberto e promotor de novas prácticas, en tanto queiramos e saibamos cuestionar e repensar o noso facer. E cada un de nós atopará as súas propias respostas, sobre todo en tanto a lectura nos incite para unha práctica máis reflexiva e máis asentada na diversidade e na pluralidade metodolóxica.
O libro na súa edición inglesa, leva por título Drama as education o que se podería traducir como A expresión dramática como educación; en primeiro lugar, seguimos a proposta de Ángel Rivera Pérez de traducir “drama” como “expresión dramática”, por ser unha decisión moi correcta no plano epistemolóxico, e así o fai ao publicar Child Drama de Peter Slade como Expresión dramática infantil, todo un acerto. En segundo lugar, nós decidimos utilizar a frase A expresión dramática na educación, en tanto é moito máis xenérico e recolle en boa medida o que vai ser unha das finalidades da obra, establecer o espazo que a expresión dramática poida ocupar no currículo, é dicir, na educación. Nas notas a rodapé iremos comentando outras cuestións de relevo no plano conceptual ou terminolóxico.
Seguramente para moitos dos lectores e lectoras deste volume o título deste breve limiar nos devolva as poderosas imaxes coas que Pink Floyd lanzaba contra finais de 1979 aquela proclama libertaria de “We don’t need no education”. O feito de utilizar agora aquela frase poida semellar un paradoxo, pois a expresión dramática reacciona no plano ideolóxico e mesmo supón unha resposta ante moitas das vivencias que os músicos ingleses trasladaban en relación cunha escola tradicional, memorística e mesmo autoritaria. Mais o uso que aquí facemos da coñecida frase é ben diferente, pois a parede que se constrúe cos sucesivos ladrillos que a van conformado como tal, non trata de separar nin de establecer fronteiras, cárceres ou espazos de reclusión, nin de crear persoas seriadas e alienadas. Ao contrari,o trátase dunha das paredes coas que se vai facendo, de vagar, o edificio, casa ou refuxio da educación teatral. Felizmente, unha das enormes vantaxes da expresión teatral ou da expresión dramática radica nesas posibilidades infindas de construción de significados, de interpretacións. Por iso podemos dicir que o que hoxe presentamos aos lectores e lectoras vén sendo seguramente máis que un simple ladrillo; supón unha das pedras basais na construción e defensa da pedagoxía e da educación teatral, consideradas na perspectiva disciplinar, como prácticas educativas en diferentes niveis de formación, ou como especialidade de estudos, en tanto en moitos países existan títulos de grao e posgrao en educación teatral.
En efecto. Pedra basal en tanto procura unha reflexión sobre a praxe e inicia unha tentativa de dotar a disciplina dunha terminoloxía propia, dun pouso conceptual e teórico similar ao que poden ter outras disciplinas académicas substantivas; un pouso asentado certamente nun número moi considerable de prácticas e na abundancia e diversidade de metodoloxías, o que constitúe unha riqueza máis que un atranco. Unha pedra basal que se sitúa nos cementos da pedagoxía teatral, onde comparte responsabilidades e funcións sustentadoras con outros discursos doutros autores e autoras que teñen posicións similares ou opostas, unha diversidade de concepcións que, queremos e debemos insistir, lonxe de ser un atraco constitúe un síntoma de riqueza.
A construción e o desenvolvemento académico, disciplinar e profesional da pedagoxía teatral, en tanto reflexión sobre a educación teatral e como praxe da mesma, é unha de tantas cousas pendentes no campo educativo do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia. Con este libro, ao que seguramente, han seguir outros de similar calado, escritos polos profesores e profesoras antes citadas e por outras persoas que figuran na bibliografía deste mesmo volume, queremos contribuír na súa regularización e na súa normalización. Trátase dun camiño difícil e duro pero que cómpre iniciar como no seu día outras persoas o iniciaron noutros países, e agardamos que a edición dun volume tan simbólico como este sirva para sumar vontades e iniciar experiencias, mesmo para provocar polémicas e debates que nos enriquezan e nos fagan progresar. E cómpre facelo con convicción, con rigor e seriedade, e co ánimo necesario para facer que as utopías de hoxe sexan as realidades de mañá. Mais como nos lembra Gavin Bolton nas palabras últimas do volume, fagámolo con optimismo e alegría, porque a razón educativa está da nosa parte.

MF Vieites