un espazo para o estudo da conduta dramática / da pedagoxía teatral

teatro e educación, expresión dramática, expresión teatral, conduta dramática, xogo dramático, xogo de roles, pedagoxía teatral, pedagoxía do teatro..., puro teatro


jueves, 27 de agosto de 2009

En el principio

Hace miles de años









En una cueva de Francia unas manos (cuantas?) pintaron esto. Nada sabemos de la finalidad de lo pintado, pero si podemos ver un ejemplo de la asunción de la alteridad y de comportamiento desde la alteridad. Juego, rito, celebración, fiesta, teatro... ???

MV García

miércoles, 26 de agosto de 2009

proyecto dráō /proxecto dráō / dráō project


Puro Teatro

Trasladamos a esta páxina o proxecto sobre o estudo da conduta dramática, seguindo as liñas abertas por investigadores como Evreinov, Goffman, Moreno e tantos outros. Trátase dun traballo de base psicolóxica, sociolóxica e antropolóxica, ben que outras disciplinas tamén poidan facer achegas substantivas. Mais non se trata de analizar a conduta en situación de representación como fará Barba en diferentes traballos, senón do seu estudo en situación de comunicación, esquecendo os roles de actor / espectador, confusión sobre a que Boal desenvolveu o seu teatro invisible.

Seguiremos, aos poucos, aos pouquechinos, que isto é unha boa lea...

MV García

martes, 25 de agosto de 2009

Aspectos básicos


Seguimos as achegas de Erving Goffman, en relación coas pautas de comportamento do ser humano en situación de comunicación co outro, e consideramos o modelo de comunicación de Roman Jakobson, e o concepto de rol de Jacob L. Moreno. A partir desas achegas consideramos un moldeo de comunicación no que cobra importancia o concepto de rol e o tránsito de roles. Sumamos a todo iso o concepto de dramaturxia, entendida como ergón do drama, é dicir, preparación, operación ou traballo co drama, o que se podería tamén entender como unha anticipacion da accion que nos permite considerar o rol que cómpre xogar en cada momento. Por ahí chegamos a algúns aspectos básicos no desenvolvemento dunha "Dramaloxía", como disciplina que estuda o comportamento dramático do individuo.

MV García

viernes, 21 de agosto de 2009

Dramalogía / dramaloxía / dramalogy


Que é a dramaloxía ?


Se drama significa acción, e logía significa coñecemento ou saber sobre algo, teriamos que a dramalogía viría sendo algo parecido ao estudo do drama. Ora ben o drama fai referencia a unha acción un tanto especial, pois é aquela acción que se fai mediante un rol, polo que o campo xa se vai configurando arredor daquelas manifestacións da conducta humana, da acción humana, na que a persona humana asume un rol. Velaí temos os fundamentos da conduta dramática e a base na que se sustenta a conduta teatral. De aí que poidamos falar de epresión dramática ou expresión teatral, da mesma maneira que falamos de expresión plástica, oral ou musical...

Seguiremos informando